Abro este fío para comentar e compartir todo sobre o proxecto de autovía de acceso da A-52 a Plataforma Loxística de Salvaterra As Neves (PLISAN).
En breve agardo poder subir algunha imaxe das obras que se están executando.
Pasei o pasado sábado polo enlace onde arranca a atovía e conecta coa A-52, e a A-51 non conectará directamente coa A-52, si non que haberá que sair primeiro da A-52 e logo na conexión coa estrada Ponteareas-As Neves, diante da área de servicio de Medas, arrancará a A-51.
Polo tanto non se resolverá o problema que existe neste punto da A-52 onde o enlace está imcopleto, e só se pode sair ou entrar dende/cara Vigo e non dende/cara Ourense.
As obras están en fase de desmonte e excavación de trincheiras.
Arranque da A-51 no cruce coa PO-4006, nas inmediacións do enlace incompleto coa A-52:
Obras do paso superior da estrada local Soutolobre-Leirado:
Obras do enlace completo e paso superior sobre a estrada PO-402 Leirado-Salvaterra de Miño:
Obras do paso inferior baixo a estrada local Corzáns-Meder e paralelo ao Río Mendo. Nas inmediacións están os restos do Pazo de Petán:
Despois de describir unha curva sobre o Río Mendo salvado con 2 viaductos, obras no final da A-51 e conexión final coa PLISAN:
Vista das obras da PLISAN dende o punto onde se conecta co entramado vial da plataforma loxística:
![]()