Mostrando resultados del 1 al 2 de 2

Tema: Ourense: Variante Norte (ligazón A-52 A-56)

  1. #1
    Avatar de Atruxo
     Atruxo está desconectado Senior Member
    Fecha de Ingreso
    julio-2010
    Mensajes
    839

    Predeterminado Ourense: Variante Norte (ligazón A-52 A-56)

    Ourense: Variante Norte (ligazón A-52 A-56)
    Última edición por Atruxo fecha: 28-nov-2010 a las 17:17

  2. #2
    Avatar de Atruxo
     Atruxo está desconectado Senior Member
    Fecha de Ingreso
    julio-2010
    Mensajes
    839

    Predeterminado

    Fomento expón a información pública a Variante Norte, que custará 150 millóns de euros

    Fomento expón a información pública a Variante Norte, que custará 150 millóns de euros

    A relación de parcelas afectadas pola infraestrutura é de máis de seiscentas

    Localidade:
    ourense/a voz.
    Data de publicación:
    28/11/2010 - + Enviar Imprimir Volver Valoración da noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , (2 votos) Envíando datos... Espere, por favor. Grazas. O Ministerio de Fomento someteu onte a información pública o proxecto de trazado da Variante Norte de Ourense, que comunicará as ligazóns entre a N-120 e a N-525. O orzamento estimado de licitación desta infraestrutura ascende a uns 150 millóns de euros.
    O tramo que unirá a autovía A-52 coa futura autovía A-56 Lugo-Ourense ten unha lonxitude de preto de cinco quilómetros e discorre integramente polo municipio de Ourense. O tronco da autovía estará formado por unha calzada con dous carrís de 3,5 metros cada un, beiravías interiores dun metro, beiravías exteriores de 2,5 metros e unha mediana de tres metros. Ademais, segundo recolle o Boletín Oficial do Estado do 27 de outubro, o proxecto que desenvolverá o Ministerio de Fomento contempla tres ligazóns en Eirasvedras, A Casilla e Quintela.
    A orografía urbana pola que discorre o trazado obrigou a deseñar nove estruturas: viaduto de Quintela (542 metros), ponte sobre o río do Porto (52 metros), dous pasos inferiores, catro pasos superiores e un caixón fincado. Tamén se prevén os túneles de Eiroás con tres carrís por sentido en cada un deles. Terán unha lonxitude próxima aos 9800 metros. No BOE tamén figura a lista de bens afectados, que supera as 620 parcelas na zona norte da cidade e ao longo do percorrido entre os lugares de Eiroás e Eirasvedras.
    O sometemento a información pública do proxecto da Variante de Ourense é o primeiro paso dos trámites administrativos dunha intervención demandada durante os últimos anos, e que de xeito constante quedaba fóra das dotacións orzamentarias e sen coñecerse o proxecto.
    Variante
    Un dos principais obxectivos que se expuxo coa construción deste viario é mellorar o tráfico rodado na zona norte da cidade. En especial, coa previsión de que a autovía a Lugo (A-56) desemboque ás portas da cidade, a construción da variante norte para conectar esta infraestrutura coa A-52 serviría para aliviar o tráfico no centro urbano. En concreto unirá o punto quilométrico 573 da N-120 co punto quilométrico 241 da N-525.

Temas Similares

  1. LAV Ourense - Pontevedra - Vigo
    By PacoPaco in forum Infraestructuras (Gal)
    Respuestas: 178
    Último mensaje: 14-may-2012, 16:46
  2. A-76 (Autovía Ponferrada-Ourense)
    By RD-170 in forum Infraestructuras (Gal)
    Respuestas: 56
    Último mensaje: 12-abr-2012, 12:16
  3. Ourense: Estación Intermodal del AVE
    By gromiko in forum Infraestructuras (Gal)
    Respuestas: 17
    Último mensaje: 12-ene-2012, 17:01
  4. Respuestas: 1
    Último mensaje: 01-abr-2011, 19:02
  5. A-56 (Autovía Lugo Ourense)
    By Sawtooth in forum Infraestructuras (Gal)
    Respuestas: 38
    Último mensaje: 13-feb-2011, 10:37

Normas de Publicación

  • No puedes abrir nuevos hilos
  • No puedes responder
  • No puedes enviar adjuntos
  • No puedes editar tus mensajes
  •  

Search Engine Friendly URLs by vBSEO 3.6.0 RC 2