A cidade está a levar un cambio sustancial...
Por traballo, levo desde outubro sen pasar por Vigo, e coido que a imaxe vai ser wow!!!
Día a día vanse notando as obras, pero os que levamos fóra un tempo e imos de cando en vez... desde que non vou por aí (3 meses ata o de agora, e irei en Marzo) serán novas: o Auditorio (+ hotel), doutor Cadaval, fachada Marítima, Simón Bolívar, praza do Bicentenario... e moitas máis que de seguro esquezo.
O ritmo conseguido ata o de agora tería que seguir ata conseguir a humanización íntegra da cidade... aínda que sexan 10 anos de obras aos poucos e por partes.



Responder Con Cita

+1